Montauban

Montauban

Capital do departamento de Tarn e Garona, na rexión de Midi-Pyrénées, Francia, situada na confluencia dos ríos Tarn e Gaillac (51.855 h [1999]). É o mercado dunha comarca agrícola e gandeira, que estende a súa influencia a todo o departamento, a pesar da proximidade de Toulouse, 50 km ao S. Conta con industrias de equipamento eléctrico e aeronáutico e produtos alimentarios. Do seu patrimonio cultural destacan a ponte de ladrillo sobre o río Tarn e a igrexa de Saint-Jacques, ambos do s XIV.