Montcada

Montcada

Municipio de València, Comunitat Valenciana (18.631 h [2001]). O relevo é plano e a área non cultivada é mínima; conta con cultivos de secaño que se manteñen no sector occidental, aínda que en regresión, mentres que o regadío tradicional está no sector meridional, preto da vila, aínda que se foi estendendo cara ao interior grazas á canle real de Montcada. Os cítricos ocupan, case de xeito exclusivo, toda a zona regada. A industria está diversificada, destacando a téxtil, a pirotecnia, a metalurxia, a química e a construción.