Monte, Virxe do
Monte, Virxe do
Capela situada en Mazaricos. Mandouna construír Bertomeu Franco, un veciño do lugar, en 1615. Realizouse con cantaría de granito e presenta cuberta a dúas e tres augas, un pórtico con seis columnas e a portada arqueada. A sancristía está pegada ao presbiterio e presenta, ao exterior, unha espadana con van e remate con pináculos e unha cruz. O último domingo de agosto celébrase, nas inmediacións da capela, unha romaría en honor á Virxe, coñecida co nome de A Romaxe.