Monte-Carlo

Monte-Carlo

Un dos tres núcleos urbanos que constitúen o principado de Mónaco (13.154 h [estim 1990]). Situado ao N do principado, érguese sobre a plataforma rochosa de Spélugues, entre os pequenos vales de Sainte-Dévote e Saint-Roman. Aquí están a maior parte dos hoteis, o casino (1878) e o teatro da ópera, do arquitecto Charles Garnier.