Monte Real, castelo de
Construción situada en Baiona. Está rodeada dun recinto amurallado datado no s II a C, con modificacións posteriores durante os reinados de Afonso IX de León (ss XII-XIII) e Filipe IV. O edificio substituíu a residencia de verán que José Elduayen construíra sobre as ruínas do castelo de época dinástica austríaca. No conxunto combínanse os antigos elementos militares cos modernos, creados para o establecemento do Parador Nacional Conde de Gondomar, edificio con planta en forma de L e traza palaciana. Nas murallas sobresaen a porta do Sol, a máis antiga das tres que franquean o acceso ao interior; a punta Tenaza, torre utilizada antigamente como polvorín e cárcere; a porta Real (s XVI), cun grande escudo da casa de Austria; a porta de Filipe IV, realizada en honor deste monarca; a torre do Reloxo, coroada por amenas; e a torre do Príncipe, en honra do príncipe luso Afonso I Henriques de Portugal, prisionero de Afonso VII en 1137.