Monte Real Club de Yates

Monte Real Club de Yates

Club náutico creado en Baiona en 1964 co obxectivo de promocionar o deporte e o turismo náuticos. Ademais de convocar diversos cursos de formación en deportes vinculados co mar, foi organizador de regatas como o Trofeo Príncipe de Asturias, a Regata Conde de Gondomar ou o campionato do mundo IMS-600.