Montefrío

Montefrío

Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao N do Genil, entre as serras de Parapanda e de Las Chanzas (6.453 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e na avicultura. É destacable a igrexa do s XVI, deseñada por Diego de Siloé.