Montelongo, Santa Cristina de
Montelongo, Santa Cristina de
Igrexa situada en Lobeira. Construída en 1732, da súa planta sobresae especialmente o tamaño do presbiterio, maior ca o da propia nave. A fachada presenta portada alintelada, e remata cunha cornixa sobre a que se ergueu unha espadana dun só corpo con remate afrontonado. Destaca o escudo de armas situado nun dos muros e no interior, a Piedade barroca do s XVII.