Montemaior, serra de

Montemaior, serra de

Aliñación montañosa de natureza granítica, cunha dirección NO-SL, que se prolonga polas parroquias de Soutullo e Montemaior (A Laracha) e Rodís e Xestada (Cerceda). A súa altitude media supera os 400 m, destacando o pico Cerdeira (595 m) e Pedrouzos (518 m).