Montero Santalha, José-Martinho

Montero Santalha, José-Martinho

Relixioso e escritor. Licenciado en Teoloxía, Filosofía e Filoloxía, e titulado en alemán, árabe, inglés e italiano, ordenouse en 1970 e foi mestre da Pontificia Università de Roma (1972-1974), no Centro de Estudos Eclesiásticos de Santiago de Compostela e na Escola Diocesana de Teoloxía. Foi membro fundador da revista Encrucillada, de AGAL e da súa revista, Agália, e membro do consello de redacción de Estudios Mindonienses. Participou na tradución ao galego do Novo Testamento e publicou os libros de investigación Directrices para a reintegración lingüística galego-portuguesa (1979), Método prático de língua galego-portuguesa (1983) e Carvalho Calero e a súa obra (1993, Premio Carvalho Calero de Investigación Lingüístico-Literaria 1991); ademais é autor de Oxalá voltassem tempos idos! (1994, Premio Carballo Calero de Narrativa Curta 1992), en que introduce o personaxe de Felipe de Amancia, creado por Álvaro Cunqueiro para o seu Merlín. Recibiu o Premio Fernández Latorre (1977) polo seu artigo “Integración lingüística galego-portuguesa”, publicado en El Ideal Gallego.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cerdido