Monterrubio de la Serena

Monterrubio de la Serena

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en La Serena e delimitado ao L pola provincia de Córdoba (2.969 h [2001]). A economía baséase nas actividades do sector primario e compleméntase coas industrias derivadas de elaboración de fariñas e aceites.