Montes Don, Manuel

Montes Don, Manuel

Sindicalista. Foi patrón de pesca e estivo integrado no sindicato de pescadores herculino El Despertar Marítimo, do que ocupou a súa secretaría en diversas ocasións entre 1920 e 1931. Foi un dos fundadores da Federación Regional Marítima unida á CNT, exercendo de secretario ata a chegada da Segunda República. En outubro de 1931 encabezou a Federación Nacional de Industria Pesquera da CNT, radicada na Coruña. Durante o seu mandato, tentou unificar as bases de traballo das frotas pesqueiras de altura operantes en todo o litoral do Estado español, enfrontando unha forte conflitividade diante do rexeitamento patronal. A partir de 1934, axudou a artellar aos propietarios das camionetas o servizo de transporte de peixe a Madrid en réxime de cooperativa. Agachado na Coruña ao comezo da Guerra Civil Española, integrou un comité clandestino do sindicato mariñeiro, encargado de organizar a fuga por mar de numerosos cadros cenetistas e militantes de esquerda ameazados pola represión franquista. Descuberto, foi asasinado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso