Montserrat
Montserrat
Illas das Pequenas Antillas, do grupo das illas de Barlovento, que constitúen unha colonia británica (98 km2; 5.000 h [estim 2001]). A capital é Plymouth (3.200 h [1983]). A agricultura, xunto co turismo, é o recurso económico principal. Destacan os cultivos de algodón, cana de azucre e bananas. Importa produtos manufacturados, alimentos e bebidas e exporta algodón, froita e hortalizas.