Montuïri

Montuïri

Municipio de Mallorca, Illes Balears, situado no Pla (2.344 h [2001]). Na agricultura predominan os cultivos herbáceos e as amendoeiras. Son tamén importantes as granxas de engorde e a comercialización de paspallás. Instaláronse pequenas industrias de materiais de construción, carpintarías e fábricas de embutidos. Tamén son importantes as actividades do sector servizos.