Moore, Henry

Moore, Henry

Escultor inglés. Foi profesor no Royal College of Art de Londres (1926-1939) e expuxo por primeira vez en 1928. Interesouse pola talla directa, polas obras dos pobos primitivos e pola estética surrealista e cubista. Evolucionou da figuración á non figuración e creou unhas obras monumentais, a base de baleiros e cheos. Da súa obra destaca Reclining figure (1929), Virgin and Child (1943-1944), King and Queen (1952-1953) e Three-part Reclining Figure(1961-1962).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Castleford, York

  • Deceso

    Lugar : Much Hadham, Hertfordshire