Moore, John
Moore, John
Militar escocés. En 1808 desembarcou en Portugal coas tropas de Wellesley para axudar os españois na Guerra da Independencia. Houbo de se retirar á Coruña perseguido polo mariscal francés Soult, na procura dun lugar que lle permitira embarcar as súas tropas de volta a Reino Unido. O 6 de xaneiro de 1809 loitou contra os franceses nas aforas de Lugo e o día 16 do mesmo mes na parroquia de Elviña (A Coruña), batalla en que morreu.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Glasgow -
Deceso
Lugar : A Coruña