Móra la Nova
Móra la Nova
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, situado na Ribera d’Ebre, á esquerda do río (2.832 h [2001]). Os cultivos principais son a vide, as oliveiras e as amendoeiras no secaño e as hortalizas e froiteiras no regadío. A gandaría avícola e o gando porcino e ovino teñen pouco peso económico, en cambio estase impulsando a actividade industrial e o comercio.