moral
(< lat morāle)
-
adx
Que concerne aos costumes, aos actos e aos pensamentos humanos respecto da súa bondade ou maldade.
Ex: Publicou un libro de poesía moral.
-
adx
Que se axusta ás normas morais.
Ex: Sempre mostra unha conduta moral, debido á súa educación.
-
adx
Que se basea no sentido da propia conciencia.
Ex: Viuse no deber moral de axudalo.
-
adx
Que non se basea en datos obxectivos ou racionais e si na intuición.
Ex: Ten a certeza moral de que é inocente.
-
adx
Relativo a un ditado espiritual ou interior.
Ex: Non ten forza moral para seguir loitando coa enfermidade.
-
s
f
Comportamento, acción ou obriga que responde ao que é moral.
-
s
f
Ánimo, capacidade de se manter firme na actitude que se considera máis propia e digna.
Ex: A moral da xente minguou con tanta fraude
-
s
f
Conxunto de normas ou principios morais.
-
s
f
[FILOS/RELIX]
Ciencia que determina a rectitude e o sentido do comportamento humano segundo uns principios normativos dos que derivan uns deberes e unhas obrigas. Aínda que etimoloxicamente significan o mesmo, a moral e a ética poden distinguirse convencionalmente, e neste senso entenderase a segunda como a disciplina máis estritamente filosósica, mentres que na moral están incluídos tamén elementos sociolóxicos, lingüísticos e culturais, sobre todo teolóxicos. Como teoloxía moral, polo tanto, pódese atopar unha máxima sistematización doutrinal da moral na Summa Theologica de san Tomé de Aquino, obra que presenta a felicidade eterna como fin último do proxecto moral cristián. O desenvolvemento dos contidos morais estivo influído sempre, por outra banda, polo progreso e os cambios ocorridos nas diversas relixións e no campo do pensamento e da cultura en xeral. Tampouco faltaron aberracións, como as do individualismo, do legalismo e do dogmatismo. A tarefa moralizadora, obxecto da moral, xurdiu dunha aspiración fundamental, dun desexo innato de vivir e convivir felizmente, que só é posible coa práctica do que é bo no ámbito persoal e social.
-
certeza moral
[FILOS]
certeza.
-
filosofía moral
ética.