Morath, Inge

Morath, Inge

Fotógrafa austríaca. Naturalizada estadounidense, aprendeu os rudimentos da fotografía con Simon Guttman, pai do fotoxornalismo moderno e, en 1953, foi a primera muller en incorporarse á Axencia Magnum, a proposta de Robert Capa. Traballou con Hernest Haas e Cartier-Bresson, do que foi asistente (1953-1954). Os seus traballos, caracterizados pola sensibilidade coa que retrataba seres anónimos e escenas cotiás, foron publicados en Life, Paris Match, Vogue e Picture Post. Publicou Guerre a la Tristesse (1955), Fiesta in Pamplona (1956), In Russia (1969), In the Country (1977), Portraits (1986), Camino de Santiago (1998) e New York (2002).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Graz

  • Deceso

    Lugar : Nova York