Yap

Yap

Grupo de illas volcánicas de Micronesia, no Océano Pacífico, situadas ao O das Carolinas (100 km2; 6.951 h [estim 1985]. Formado polas illas Yap, Gagil--Tamil, Maap e Rumung, coa capital en Colonia (2.800 h [1980]), na illa de Yap. Integradas en 1947 nas Illas do Pacífico en Administración Fiduciaria, desde 1990 forman parte dos Estados Federados de Micronesia.