York

York

Dinastía real inglesa que tomou o nome do príncipe Edmundo de Inglaterra (1342-1402), fillo do Rei Eduardo III, I duque de York (1385) e conde de Cambridge (1362). O II duque de York foi o seu fillo Eduardo de York (1373?-1415), conde de Rutland (1390), de Cork (1394), condestable de Inglaterra (1397) e duque de Aumale (1397). Sucedeuno o seu sobriño Ricardo de York (1411-1460), que foi pretendente ao trono durante a Guerra das Dúas Rosas, que os enfrontou á outra rama dos Plantagenet, os Lancaster. Sucedeuno o seu fillo Eduardo de York (1442-1483), que en 1461 se converteu no Rei Eduardo IV de Inglaterra e foi sucedido no trono polo seu fillo maior, Eduardo V de Inglaterra , que puido ser asasinado na Torre de Londres (1483?) por orde do seu tío Ricardo de York , duque de Gloucester, que se converteu no Rei Ricardo III de Inglaterra. Os últimos York foron os dous fillos de Xurxo de York (?-1478), duque de Clarence e irmán de Ricardo III: Margarida de York (?-1541), condesa de Salisbury, e Eduardo de York (?-1499), conde de Warwick, que foi o derradeiro dos Plantagenet.