Yuan Shikai

Yuan Shikai

Político chinés. Foi presidente imperial de Corea (1885-1894) e, unido aos reformistas (1898), traicionounos asegurando o golpe de estado reaccionario fomentado pola Emperatriz Cixi. Tras a morte dos emperadores (1908), o rexente Chun afastouno do poder, aínda que o volveu chamar en 1911. Esixiu a dimisión do rexente e a abdicación do novo emperador (1912) e obrigou aos republicanos do Guomindang a aceptalo como presidente da república. Anulou o Parlamento (1914), restableceu o réxime imperial (1915) e foi proclamado presidente imperial. Ante a insurrección xeral e a secesión das provincias do S, tivo que dimitir (1916).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Xiangcheng, Henan

  • Deceso

    Lugar : Pequín