X
X
-
Cifra romana que representa o número 10 (dez).
-
[FÍS]
Símbolo da reactancia.
-
[MAT]
Letra que designa o eixe horizontal dun sistema cartesiano de referencia no plano.
-
cromosoma X
[XEN]
Cromosoma sexual, par no sexo homogamético e impar no heterogamético (é o caso da especie humana e o da maioría das especies con cromosomas sexuais diferenciados).