Xa vai o griffón no vento
Xa vai o griffón no vento
[LIT]
Novela de Alfredo Conde publicada en Vigo en 1984. Articulada por medio dunha estrutura bimembre, característica do autor, combina pasado e presente, e fantasía e realidade en capítulos alternos. Foi galardoada co Premio Blanco Amor de novela (1984), o Premio Nacional de Literatura (1986), o Premio de la Crítica española e o Premio Grinzane Cavour.