Xacinto de Polonia, san
Xacinto de Polonia, san
Dominicano. Misioneiro en Polonia e Rusia, segundo a tradición tivo a protección da Virxe María que o axudou a liberar Kiev dos tártaros. Represéntase cun manto dominicano cuberto de estrelas, camiñando sobre as augas e levando unha custodia. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.