Xacob

Xacob
[ONOM]

Antropónimo masculino que procede da forma remota hebrea Ya’aqôbh, que no libro da Xénese é o fillo de Isaac e Rebeca, que naceu en parto duplo despois de Esaú. Na Biblia interprétase como derivado de ‘âquebh ‘calcañar’, porque ao nacer agarraba coa man o calcañar de seu irmán, e por etimoloxía popular asociouse á raíz ‘âqab ‘suplantar’, porque Xacob suplantou a Esaú na primoxenitura. Aínda así, o máis probable é que se trate dun nome teofórico que contén a raíz ‘qb ‘protexer’, co significado de ‘Deus protexeu’. Na tradución grega da Biblia o nome do personaxe do Antigo Testamento foi traducido como Iάκωβος, e de aí o latín Iacob, do que vén o galego Xacob.