Xagoaza, San Miguel de

Xagoaza, San Miguel de

Igrexa parroquial situada no Barco de Valdeorras. Pertenceu a un antigo mosteiro da orde de San Xoán de Xerusalén. Construída en estilo románico (ss XII-XIII), ten unha soa nave con ábsida semicircular. O tramo recto cóbrese con bóveda de medio canón e o curvo con cuarto de esfera, e a nave ten cuberta a dúas augas con artesoado de madeira. Na fachada destacan as cruces de Malta e os escudos da orde militar labrados na pedra.