Xenserico
Xenserico
Rei dos vándalos (428-477), irmán e sucesor de Gunderico (428). Despois de derrotar os suevos en Mérida, estendeu o seu dominio ata Cartago (439), que converteu en capital do reino, e ocupou as Illes Balears, Sardeña, Córsega e unha parte de Sicilia. En 455 saqueou Roma.