Xeración do 27
Xeración do 27
[LIT]
Grupo literario de poetas españois que comezaron a publicar en 1927. De formación semellante, a maioría foron universitarios, naceron entre 1891 e 1905, e o acontecemento que os uniu definitivamente foi a celebración do tricentenario da morte de Góngora. Preocupados pola forma e por separala do contido sentimental e emocional do poema, tomaron como mestre a J. R. Jiménez, a través do que se introduciron na tradición poética castelá, da que foron renovadores R. Alberti e F. García Lorca. Ademais destes poetas, tamén destacaron J. Guillén, P. Salinas, D. Alonso, G. Diego, V. Aleixandre, M. Hernández, E. Prados, M. Altolaguirre e L. Cernuda.