Xericó
Xericó
Cidade de Palestina (57.000 h [1964]). Situada nun oasis de vexetación case tropical, atópase a 25 m baixo o nivel do mar, o que a converte na cidade máis baixa do mundo. Segundo a Biblia foi a primeira cidade conquistada polos israelís, tras pasar o Xordán. A partir de 1948, incorporada a Xordania, converteuse en campo de refuxiados. Ocupada por Israel en 1967, en 1994 converteuse en territorio autónomo palestino segundo os acordos entre a OLP e Israel.