Xi Jiang ou Si Kiang
Xi Jiang ou Si Kiang
Río de China Meridional (2.100 km). Fórmase en Guiping, no zizhiqu de Guangxi Zhuang, pola confluencia do Hongs-hui He e o Yu Jiang que nacen no Yunnan oriental. Flúe en dirección L, atravesa Wuzhou e penetra na chaira de Guangdong, onde se divide en numerosas ramas e forma un gran delta antes de desembocar no mar da China Meridional, entre Hong Kong e Macau.