Xián de Antioquía, san
Xián de Antioquía, san
Mártir. Casou con santa Basilisa, pero ambos os dous decidiron vivir en castidade e foron abade e abadesa dos seus respectivos conventos. Morreron martirizados na época de Diocleciano. Iconograficamente representouse cunha palma na man, pola súa condición de mártir. A súa festividade celébrase o 9 de xaneiro.