Xiana de Nicomedia, santa

Xiana de Nicomedia, santa

Mártir. Era secretamente cristiá, polo que se negou a casar cun prefecto romano, Eleusius. Encarcerada e torturada, o demo tentouna na prisión pero ela atouno coas súas propias cadeas e botouno ás latrinas. Metida nunha caldeira de aceite fervendo fixo que o aceite se volvese auga morna. Finalmente foi decapitada. Iconograficamente representouse vestida cunha túnica, sostendo un flaxelo nunha man e co demo encadeado aos seus pés. A súa festividade celébrase o 19 de outubro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nicomedia