xigartináceo -a

xigartináceo -a

(< lat científico Gigartina, xénero de algas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás xigartináceas.

  2. s f [PROTISTA]

    Alga da familia das xigartináceas.

  3. s f pl [PROTISTA]

    Familia de algas rodófitas, da orde das xigartinais, de gran tamaño, co talo con ramificación dicotómica e cun disco basal para fixarse ao substrato. En Galicia pódense atopar varias especies, como Chondrus crispus, Mastocarpus stellatus ou diversas especies do xénero Gigartina.

Palabras veciñas

xigantesco -ca | xigantismo | xigantomaquia | xigartináceo -a | xigartinal | xiísmo | xiíta