xónico -ca

xónico -ca

(< topónimo Xonia)

    1. s m [LING]

      Dialecto ou conxunto de dialectos que se falaban nalgunhas zonas da Grecia antiga. Presenta as variantes oriental (Asia Menor), central (Cícladas) e occidental (Eubea). É a base da lingua de Homero, Hesíodo e Herodoto e nel escribíronse moitas obras no s V a C. Fálase do grupo xónico-ático polas características comúns de ambos os dous dialectos: η en lugar de ã, metátese cuantitativa (νέως por ναός), ν efelcística, desinencia secundaria σãν da terceira persoa de plural, uso da partícula condicional άν, etc.

    2. escola xónica [FILOS]

      Escola filosófica grega, a máis antiga, orixinaria da Xonia (Mileto, Éfeso, Clazómenes). A ela pertencen os pensadores presocráticos, considerados os pais da filosofía grega e occidental: Tales, Anaximandro, Anaxímenes, Heráclito e Anaxágoras. O trazo común a todos eles é o esforzo na interpretación tradicional do mundo, da que buscan o principio primordial (αρχή).

    3. orde xónica [ARQUIT]

      orde arquitectónica.

  1. adx

    Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘bonito’.

Palabras veciñas

xondo | Xonia | Xónicas, Illas | xónico -ca | xonio -nia | xonza | Xoquín