Xornal.com
Xornal.com
[PUBLIC]
Xornal electrónico publicado na Coruña a partir de 1999. Editado por Xornal Galinet, foi o primeiro diario dixital de Galicia. Dirixido por Bieito Rubido primeiro, e posteriormente por Antonio Sangiao, chegou a ter unha edición en papel. En 2003 ocupou o cuarto posto entre os xornais electrónicos galegos con case 10.000 visitas diarias. En 2004 a construtora San José adquiriu o control da editora e cambiou o seu nome por Xornal de Galicia e promoveu a saída do xornal en papel (2005).