Xornal Galinet
Xornal Galinet
[PUBLIC]
Sociedade editora de prensa dixital e imprenta constituída na Coruña en 1999. Dirixida por Xosé Luís Gómez, promoveu a creación dos xornais electrónicos Xornal.com (1999), Xornal.es (2003) e Futbolsite.com (2003). Editou en papel o Xornal, a guía cultural gratuíta Xornal Coruña e tres xornais deportivos Futbolsite Depor, Futbolsite Celta e Fulbolsite R. Madrid, con 15.000, 10.000 e 50.000 exemplares respectivamente.