Xudá, Reino de

Xudá, Reino de

Reino hebreo que xurdiu cara ao S de Palestina da división entre as tribos do N e do S despois da morte de Salomón (s X a C). David fora xa proclamado rei de Xudá en Hebrón. Coa conquista de Xerusalén, a súa expansión e a transformación estatal en tempos de Salomón, puxeron as bases do futuro Reino de Xudá. Este mantivo unha certa estabilidade interior grazas á perpetuidade da dinastía davídica e da tradición administrativa de Salomón, mentres que no exterior buscou o equilibrio cos seus veciños. A hostilidade con Israel durou ata a destrución deste reino (722 a C) e as intervencións dos imperios asirio, desde 734 a C, e babilónico, a partir de 605 a C, perpetuáronse ata a destrución do Reino de Xudá en 586 a C.