Xudas Iscariote

Xudas Iscariote

Apóstolo. Traiciounou a Xesús revelando ao sanedrín o lugar onde pasaría a noite antes de morrer, a cambio de trinta moedas de prata. Cun grupo armado, achegouse ata o Monte das Oliveiras onde oraba Xesús e deulle un bico, que era o sinal para identificalo e prendelo. Posteriormente arrepentiuse, arroxou as moedas ao templo e aforcouse. Con elas, os inimigos de Xesús mercaron un campo (Haceldama), que serviu de cemiterio dos estranxeiros.