Xugurta

Xugurta

Rei dos númidas. Dirixiu as tropas númidas a carón dos romanos no sitio de Numancia (134 a C-133 a C). Á morte de Micipsa (118 a C) produciuse a repartición do territorio númida entre seus fillos e el, que era seu sobriño e fillo adoptivo. Segundo a tradición eliminou os seus primos e fíxose co poder (112 a C), pero Roma, mediadora no conflito, viuse forzada a intervir. Despois dunha longa campaña (111 a C-105 a C) en que se enfrontou con Quinto Metelo, Mario e Sila, foi derrotado pola traición de Bocco I, rei de Mauritania (105 a C) e executado en Roma.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Numidia

  • Deceso

    Lugar : Roma