bable

bable

(< orixe onomatopeica)

  1. s m [LING/LIT]

    asturiano.

  2. adx

    Que está expresado no conxunto de modalidades lingüísticas faladas no territorio asturiano.

    Ex: A cultura bable experimentou unha notable recuperación coa creación da Academia de la Llingua Asturiana e o rexurdimento da súa literatura.