Bablet, Denis

Bablet, Denis

Crítico e investigador. Despois dun período de formación con Charles Dullin, orientou a súa actividade ao estudo da creación plástica no teatro. En 1965 publicou a obra Esthétique génerale du décor du théâtre de 1810 à 1914, volume no que non só ofrece unha visión histórica da posta en escena senón que formula importantes propostas de carácter teórico no eido da creación escenográfica. Todos os seus traballos posteriores, entre os que habería que salientar Les révolutions scéniques au XXe siècle (1975), oriéntanse a analizar a obra de directores significativos, como Adolphe Appia ou Tadeusz Kantor, así como a investigar a función dos diferentes códigos de expresión artística, como a luz, o vídeo ou a pintura, na expresión teatral. Moitos dos seus traballos foron publicados nas revistas Théâtre populaire e Travail théâtral.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París