bacalada

bacalada
Nome científico: [Merlangius merlangus, Fam dos gádidos]
s f [ANIMAL/ICT]

Peixe mariño de corpo alongado, que pode acadar os 75 cm de lonxitude, co maxilar superior moi prominente. No queixo obsérvaselle ás veces unha minúscula barbela. Posúe tres aletas dorsais pouco separadas entre elas e dúas aletas anais, das que a primeira é moi longa. Na base das aletas pectorais obsérvase unha característica mancha negra. A cor é variable, azulada, verde ou pardenta, con reflexos vermellos ou oliváceos nos laterais e o bandullo abrancazado. Vive en augas pouco profundas, onde se alimenta de crustáceos e outros peixes. Ten unha grande importancia comercial, pero en Galicia as súas capturas son escasas polo que no noso país se considera unha especie rara.

Palabras veciñas

Bac u | Bâc Viêt | baca | bacalada | Bacall, Laureen | bacallaeiro -ra | bacallao