bacante
(< lat bacchans -ntis)
-
s
f
[HIST/MIT]
Muller integrante do séquito de Baco. Cubertas de pel de cabra ou de pantera, empuñando o tirso e coroadas de hedra, corrían e danzaban desenfreadamente polas montañas ao son de timbais e crótalos, apertando contra o peito un cerviño. Ao mesmo tempo devoraban carne crúa e eran capaces de realizar prodixios e crimes. Chámaselles tamén ménades e tíades. Foron representadas tanto cubertas de peles como medio espidas ou vestidas con roupas transparentes, cos cabelos ao aire. Foron un tema decorativo frecuente na cerámica ática. Destacan as bacantes de Calímaco e de Escopas. A arte romana recolleu o tema en pinturas e relevos. Os artistas do Renacemento e posteriores foron fieis á tradición clásica (Caracci, Rodin, etc).
-
s
f
[HIST/RELIX]
Muller que participaba na celebración das bacanais.
Sinónimos: ménade. -
s
f
Muller dominada por unha paixón desmesurada, especialmente sexual.
Sinónimos: ménade.