bacanal
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao deus Baco.
-
s
f pl
[HIST/RELIX]
Ritual orxiástico celebrado en Roma en honor a Baco e que se correspondía coas gregas dionisías (por Dionisos, nome grego de Baco) ou demetrias (por la deusa Démeter). Foi introducido en Roma a través da Magna Grecia a partir do s II a C. O seu desenvolvemento pódese seguir a través da descrición que fai o historiador Tito Livio. No 186 a C, en vista dos abusos que ocasionaban estas celebracións, así como polo carácter secreto do que se revestían, o Senado prohibiunas no decreto Senatusconsulum de Bacchanalibus, conservado en parte nunha carta dos cónsules aos aliados. As bacanais foron tema de representación artística desde a Antigüidade como no vaso Borghese do Musée du Louvre. Xa na Idade Moderna destacan as bacanais de Mantegna, Michelangelo e Tiziano, posteriormente salientan as representacións de Poussin e Fragonard.
-
s
f
Exaltación ou desenfreo na satisfacción dos desexos ou instintos sexuais.
Ex: O sábado fixo unha festa que acabou sendo unha bacanal.
Sinónimos: orxía. -
s
f
Comida excesiva.