Bachelard, Gaston
Filósofo. Profesor de Historia e de Filosofía das Ciencias en Dijon e despois na Sorbona. Dedicouse sobre todo á Epistemoloxía, á Filosofía das Ciencias e á Psicanálise, en xeral. O recoñecemento da complexidade das teorías científicas obrigouno a refutar as simplificacións introducidas polas interpretacións racionalistas. Afirmou a existencia dun novo espírito científico, oposto tanto ao predominio antigo e medieval da imaxe como ao esquema xeométrico moderno. Realizou o intento de ampliar o marco e a estrutura da razón. Fronte á pretensión dos saberes absolutos, Bachelard destacou a necesidade de aterse a coñecementos aproximativos, dominados polo probabilismo. As súas obras principais son: La valeur indutive de la relativité (O valor indutivo da relatividade, 1929), Le nouvel esprit scientifique (O novo espírito científico, 1934), La dialectique de la durée (A dialéctica da duración, 1936), Le rationalisme appliqué (O racionalismo aplicado, 1949), L’activité rationaliste de la physique contemporaine (A actividade racionalista da física contemporánea, 1951), Le matérialisme rationnel (O materialismo racional, 1953), La poétique de l’space (A poética do espacio, 1958); postumamente publicáronse Le droit de réver (O dereito a soñar, 1969), Études (Estudios, 1970) e Epistémologie (Epistemoloxía, 1971).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bar -
Deceso
Lugar : Aube, Champagne -
Deceso
Lugar : París