Bactria
Bactria
Capital da antiga Bactriana, situada na ribeira do río homónimo. Segundo as tradicións, era a cidade máis vella do mundo e nela naceu Zaratustra (ou Zoroastro). Foi a residencia dos primeiros aqueménidas. Conquistada por Alexandre, converteuse na capital do reino helenístico de Bactriana e despois do principado de Tokharistan. É a actual Balkh (10.000 h).