Baelo

Baelo

Cidade romana situada na costa do estreito de Xibraltar, cara ao N de África. Correspóndese co actual lugar de Bolonia (Cádiz). É un dos conxuntos urbanos mellor coñecidos da Bética grazas ás escavacións arqueolóxicas francesas dirixidas por Pierre Paris (1920).