Baffin, William
Baffin, William
Navegante e explorador. Participou na expedición que buscou o paso do NO ao Pacífico (1612) e de inspección da costa O de Grenlandia, na exploración da baía de Hudson e da costa L da illa de Southampton (1614). En 1616 explorou a nomeada baía de Baffin, onde alcanzou unha latitude N de 77º 45’. Foi o primeiro navegante en determinar por mar a lonxitude segundo as observacións astronómicas. Ao servizo dunha compañía da India oriental percorreu o Golfo Pérsico e o Mar Vermello. Morreu a causa das feridas que recibiu nun ataque anglopersa na fortaleza portuguesa de Qisham, no Golfo Pérsico.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso
Lugar : Ormuz