Bagà
Bagà
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na comarca do Berguedà, ao S da serra de Moixerò (2.114 h [1996]). A súa economía aproveita as potencialidades turísticas do seu núcleo histórico e do Parque Natural de Cadí-Moixeró, no que se inclúe o 81,6% da superficie municipal. A primeira documentación sobre a vila de Bagà data do 839. O recinto urbano conserva a súa traza medieval amurallada (1233). Destacan a igrexa gótica de Sant Esteve (s XIV), que posúe unha cruz bizantina (ss X-XI) doazón de cabaleiros cruzados, e as igrexas románicas de Sant Martí del Puig e de Sant Joan de l’Avellanet.